cingalés -sa
cingalés -sa
cingalés sinhala ‘lingua de Sri Lanka’
-
adx
Relativo ou pertencente a Sri Lanka, antiga Ceilán.
-
s
[ETN/HIST ]
Individuo do grupo étnico maioritario en Sri Lanka, antiga Ceilán.
-
s
m pl
[ETN/HIST ]
Pobo oriúndo da India que conquistou Sri Lanka cara ao 550 a C desprazando a poboación local, os veddas. Ocupa a rexión central e meridional de Sri Lanka e as illas Maldivas. Distribúense polas terras baixas e dedícanse ao comercio, á agricultura e á pesca. En Sri Lanka constitúen a maioría da poboación (73,9%) e están enfrontados coa poboación támil, de relixión hinduísta.
-
s
m
[LING ]
Lingua da familia indoeuropea pertencente ás linguas indoarias. É a lingua oficial de Sri Lanka.