cine

cine

apócope de cinematógrafo

Plural: cines
    1. s

      cinematografía.

    2. cine afeccionado

      Actividade cinematográfica non profesional realizada xeralmente en película de paso estreito.

    3. cine de arte e de ensaio

      Denominación de certas salas especializadas en exhibición de filmes en versión orixinal e íntegra de obras de calidade, de repertorio clásico, de experimentación e de vangarda.

    4. cine mudo

      Período que comprende desde o nacemento do cine (1895) ata a aparición do cine sonoro (1928). As imaxes acompañábanse de música en directo e subtítulos para conseguir un maior realismo.

    5. cine negro

      Xénero do cine que se desenvolveu fundamentalmente nos EE UU (1941 – 1955) e que tivo unha certa continuidade en Europa. A violencia, o sexo, a criminalidade e a sociedade marxinal son elementos básicos desta tendencia, que ten a súa orixe no filme The Maltese Falcon (1941) de John Huston.

    6. cine sonoro

      Período da historia do cine que comezou en 1928, caracterizado pola presenza do son das voces dos actores dentro da película.

  1. s m

    Sala comercial onde se proxectan películas cinematográficas.

Sinónimos