abdución

abdución
Plural: abducións
  1. s f

    Presunto secuestro realizado por seres extraterrestres.

  2. s f [FISIOL ]

    Movemento polo que un membro ou órgano calquera se afasta do plano medio do corpo.

  3. s f
    1. Siloxismo en que a maior premisa é evidente de seu, en tanto que a menor, polo tanto a conclusión, soamente é probable.

    2. Hipótese explicativa inferida a partir dunha serie de datos, pero de natureza cualitativamente distinta da que resultaría dunha indución sinxela.

  4. s f [DER ]

    Acción de levar a alguén contra a súa vontade do lugar onde vive normalmente valéndose da violencia ou de enganos.

  5. s f [HIST/BÉL ]

    Dislocación ou ruptura dunha formación militar, na Roma antiga.

Formas incorrectas

abducción