cilio

cilio

lat ciliu ‘pestana’

Plural: cilios
  1. s m [BIOL ]

    Prolongación citoplásmica de forma cilíndrica acuminada que emerxe da superficie de moitas células, tanto de seres unicelulares como pluricelulares animais ou vexetais.

  2. s m [BOT ]

    Cada un dos pelos que forman unha franxa marxinal, como os que se dan na marxe dalgunhas follas.