cilindro

cilindro

lat cylindru gr κύλινδρος

Plural: cilindros
  1. s m [MAT ]

    Corpo limitado por unha superficie cilíndrica e dous planos paralelos que a cortan.

  2. s m
    1. Elemento cilíndrico que forma parte de moitas máquinas que se empregan na industria.

    2. [TECNOL ]

      Peza metálica cun baleiro construtivo cilíndrico dentro do que se move un pistón.

  3. cilindro central [BOT ]

    Parte interior cilíndrica do talo.

  4. cilindro de extrusión [XEOG ]

    Forma volcánica constituída por unha gran masa cilíndrica de lava solidificada que ascendeu en estado viscoso pola cheminea do volcán en forma de agulla ou domo.

  5. cilindro selo [HIST ]

    Pequeno cilindro de pedra, marfil ou barro vidrado, cunha perforación lonxitudinal e coa superficie gravada en oco, que se imprimía facéndoo rodar pola superficie de táboas finas de arxila aínda branda. Tiña un tamaño reducido que facilitou o seu emprego para asinar obxectos ou documentos. Orixinario do país de Sumer, pasou a Siria e Palestina, e chegou ao Val do Nilo na época predinástica.

  6. cilindro urinario [PAT ]

    Formación alongada, que aparece no sedimento urinario.