cidadanía

cidadanía

cidadán

Plural: cidadanías
  1. s f [DER/HIST ]

    Condición social e dereito adquirido por nacemento ou naturalización dun membro dunha comunidade política ou cidade, fronte aos demais individuos e aos poderes do Estado.

    1. s

      Relación entre un home libre e unha comunidade política ou Estado, en que o individuo ten obrigas e responsabilidades co Estado e a cambio adquire dereitos políticos plenos e protección.

    2. carta de cidadanía

      Documento que durante a Baixa Idade Media permitía ao forasteiro dunha cidade adquirir a condición de cidadán, con todas as vantaxes e obrigas correspondentes.

  2. s f

    Conxunto de cidadáns dun lugar.

  3. s f

    Comportamento do cidadán que observa as leis de convivencia establecidas nunha sociedade.

Sinónimos

Citas

  • A cidadanía expresou a súa repulsa polos últimos actos vandálicos
  • A sociedade amosou a súa cidadanía no momento máis conflictivo