ciclón

ciclón

gr κυκλ ῶ ν, p activo de pres de κυκλόω ‘arremuiñarse’

Plural: ciclóns
  1. s m

    Sistema de vento en rotación de carácter tempestuoso.

  2. s m [METEOR ]

    Grande área de baixa presión na atmosfera que está formada, inicialmente, por unha masa de aire cálida e por unha masa de aire fría, separadas por unha fronte quente e por unha fronte fría que se reúnen no cume da ondulación (centro do ciclón).

  3. s m [TECNOL ]

    Separador de partículas sólidas suspendidas nun fluído.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

furacán, tempestade, tifón, tormenta, vendaval