ciclamino

ciclamino

lat cyclamīnu gr κυκλάμινος

Plural: ciclaminos
s m [PLANTA ]

Planta do xénero Cyclamen, da familia das primuláceas, que se caracteriza por ser perenne e presentar tubérculos arredondados máis ou menos afundidos, follas cordadas ou reniformes, con longos pecíolos, enteiras ou dentadas, flores pentámeras, con pétalos reflexos e froitos capsulares dehiscentes por cinco valvas.