admisión

admisión

admitir

Plural: admisións
  1. s f

    Feito de ser admitido.

  2. s f
    1. Introdución do vapor no cilindro da máquina de vapor, debido á diferenza de presión entre a caldeira e o cilindro.

    2. Tempo do ciclo dun motor endotérmico, no que o aire ou a mestura gasosa combustible entra no cilindro a causa da aspiración creada polo movemento do pistón.

  3. admisión na cotización [ECON ]

    Acto polo que se concede a un título o dereito de figurar na cotización oficial da bolsa e, polo tanto, de ser obxecto de negociación.

  4. reserva do dereito de admisión [DER ]

    Potestade que ten un local privado para non permitir a entrada a certas persoas.

Sinónimos

Citas

  • Nese local manteñen pendurado o cartel sobre a reserva do dereito de admisión