cianobacterio -ria

cianobacterio -ria
Plural: cianobacterios Masculino: cianobacterio Masculino plural: cianobacterios Feminino: cianobacteria Feminino plural: cianobacterias
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás cianobacterias.

  2. s f [MONERA ]

    Bacteria do filo das cianobacterias.

  3. s f pl [MONERA ]

    Filo de bacterias fotosintéticas que posúen un sistema de pigmentos similares ao das eucariotas e con capacidade, polo xeral, de fixar o nitróxeno atmosférico. Trátase dun grupo moi diverso, con formas coloniais ou tamén filamentosas. OBS: Tamén se denominan algas azuis ou cianofíceas.

Palabras vecinas

cianina cianita cianoalcohol cianobacterio -ria cianocobalamina cianofíceo -a cianose