chousa

chousa

lat clausa ‘pechada’

Plural: chousas
  1. s f

    Terra de cultivo cercada, xeralmente situada preto da casa e de pouca extensión.

  2. s f

    Anaco de monte cercado de pouca extensión.

  3. s f [MAR ]

    Rede de malla fina empregada na pesca da sardiña.

Sinónimos

Citas

  • Botei a chousa no medio da ría e non collín máis que unha caixa de sardiñas
  • Cando veña o verán hai que limpar a chousa para que non arda
  • Vou buscar pendón á chousa