chosco -ca

chosco -ca
Plural: choscos Masculino: chosco Masculino plural: choscos Feminino: chosca Feminino plural: choscas
  1. adx

    Aplícase a quen lle falta un dos ollos ou a quen non ve por un ollo. Tm s.

  2. adx

    Que non ten boa vista.

Citas

  • A raíz do accidente laboral perdeu o ollo e quedou chosco, Veu acompañado dun chosco cun ollo de vidro, Ao final do conto descóbrese que o pirata co ollo tapado non é chosco
  • Telo diante dos ollos, se non o ves é que quedaches chosco

Frases hechas

  • Pedro chosco. Personaxe infantil que representa o sono.

Palabras vecinas

chorume chorus* choscar chosco -ca chota chotis choto