chinche
lat cimĭce
-
s
f
[ANIMAL/ENTOM ]
Insecto da orde dos hemípteros, caracterizado por presentar un peteiro longo, que empregan para picar e zugar fluídos. Presentan dous pares de alas, dos que o primeiro ten endurecida a parte anterior ou toda a súa superficie. Constitúen pragas dos cultivos.
-
chinche acuática
[ANIMAL/ENTOM ]
Hemíptero de auga doce pertencente aos xéneros Gerris, Velia ou Hydrometra.
-
chinche asasina
[ANIMAL/ENTOM ]
Insecto, da familia dos redúvidos, de antenas de catro segmentos, con patas longas.
-
chinche fedorenta
[ANIMAL/ENTOM ]
Insecto, das familias dos pentatómidos e dos coreidos, que posúe corpo aplanado en forma de escudo, cun escutelo triangular de gran tamaño, de cores verdes ou castañas. Producen unha secreción aceda de cheiro moi desagradable.
-
chinche hematófaga
[ANIMAL/ENTOM ]
Insecto, da familia dos cimícidos, áptera, de corpo deprimido e de cor parda, ectoparasito dos vertebrados.