chibcha

chibcha
Plural: chibchas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo chibcha ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST ]

    Individuo do pobo dos chibchas.

  3. s m pl [ETN/HIST ]

    Pobo amerindio precolombino, tamén coñecido cos nomes de muisca, muysca ou mosca, que antes da chegada dos conquistadores se asentaba na rexión montañosa oriental de Colombia.

    1. s

      Lingua, desaparecida no s XVIII, que se falaba nas mesetas altas de Bogotá e Tunja.

    2. linguas chibchas

      Familia das linguas amerindias de América do Sur e de América Central que se estende desde os confíns de Costa Rica e Nicaragua, ao N, ata o golfo de Guayaquil, ao S.

Palabras vecinas

chiar chiarismo* chibar chibcha chibo -ba chica chicado