chárter

chárter

ingl charter party ‘aluguer dun vehículo a outra empresa’

Plural: chárteres
  1. adx

    Que ofrece un servizo irregular de voos, en que se freta unha aeronave cando hai bastantes pasaxeiros para que o voo sexa rendible.

  2. adx

    Aplícase ao voo levado a cabo por unha compañía chárter.

  3. s m

    Tipo de voo ofertado por unha compañía aérea.

Citas

  • Fai unha reserva nalgún voo chárter para regresarmos
  • Fomos preguntar as ofertas a unha compañía chárter, pero non había ningunha con ese destino
  • Viñemos nun chárter moi barato

Palabras vecinas

charrizo charrúa charruar chárter chasca chasca chascar