charlatán

charlatán
Nome científico: Dolichonyx oryzivorus Plural: charlatáns
s m [ANIMAL/ORNIT ]

Ave, da familia dos ictéridos, que se caracteriza por presentar o macho unha plumaxe xeral negra, agás a mitra e a parte superior das alas que teñen unha cor branca, e a caluga de cor amarela. A femia é de cor castaña con raias máis escuras e coa gorxa e o peito brancos.