chantar

chantar

lat plantāre

  1. v t

    Introducir un obxecto aguzado nun corpo ou nunha superficie.

  2. v t

    Afundir algo nunha superficie branda. Tm v pron.

  3. v t

    Atravesar un corpo cun obxecto aguzado de xeito que quede introducido nel. Tm v pron.

  4. v t

    Introducir involuntariamente un obxecto aguzado nun corpo ou nunha superficie.

  5. v t fam

    Dicir algo a alguén de forma súpeta e con intención ferinte.

  6. v pron

    Baterlle a alguén.

Sinónimos

Citas

  • As tesoiras caeron e chantáronseme nun pé
  • Chantas o polo no espeto e mételo no forno a lume forte
  • Chanteille catro verdades e quedou coa boca aberta
  • Chantou a agulla no dedo cando estaba a coser o pantalón
  • Chantou a leira para que ninguén pasase
  • Chantoume catro labazadas e non puiden facer nada
  • Chantoume estes paquetes no medio da sala e marchou sen dicir nada
  • Como volvas facer iso, chántote fóra inmediatamente
  • Da póla que chantei saíu unha fermosa roseira
  • Na praia as rodas da bicicleta chántanse na area e non se pode avanzar
  • Non chantes os pés na lama por se logo non os quitas
  • O lobo chantouse nun cepo que había no medio do toxo
  • O tipo chantóuseme diante e non houbo forma de sacalo do medio
  • Xa lle chantara o coitelo ao porco cando de súpeto botou a correr, Chantou os dentes na mazá e arrincou un anaco
Conjugar
VERBO chantar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chanto
chantas
chanta
chantamos
chantades
chantan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantaba
chantabas
chantaba
chantabamos
chantabades
chantaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantei
chantaches
chantou
chantamos
chantastes
chantaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantara
chantaras
chantara
chantaramos
chantarades
chantaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantarei
chantarás
chantará
chantaremos
chantaredes
chantarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantaría
chantarías
chantaría
chantariamos
chantariades
chantarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chante
chantes
chante
chantemos
chantedes
chanten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantase
chantases
chantase
chantasemos
chantasedes
chantasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantar
chantares
chantar
chantarmos
chantardes
chantaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
chanta
-
-
chantade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantar
chantares
chantar
chantarmos
chantardes
chantaren
Xerundio chantando
Participio chantado
chantada
chantados
chantadas