cetilo

cetilo

lat cētu ‘peixe, cetáceo’ + -ilo ‘radical alquílico’

Plural: cetilos
  1. s m [QUÍM ]

    Radical univalente que deriva do alcohol cetílico, de nome sistemático hexadecilo.

  2. palmitato de cetilo [QUÍM ]

    Éster hexadecílico do ácido palmítico, principal constituínte do esperma de balea purificado que se emprega para facer candeas, xabóns e algúns fármacos e cosméticos.