cerrar

cerrar

lat tadío serāre ‘cerrar con fechadura’, do lat sera ‘ferrollo, fechadura’, con influencia de sera ‘serra’ e serrāre ‘serrar’

  1. v t

    Encaixar por completo algo que se abre no seu marco ou oco correspondente. Tm v i.

  2. v t

    Xuntar dúas partes do corpo ou dalgunha cousa articulada por un extremo para que desapareza a súa abertura.

  3. v t

    Poñer a peza que tapa un obxecto.

  4. v t

    Asegurar cun mecanismo adecuado algo para impedir que se abra.

  5. v t
    1. Delimitar un lugar de tal modo que quede separado do que o rodea.

    2. Estar algo ou alguén incomunicando un recinto, un edificio ou outro lugar co exterior ou impedindo o paso de algo.

  6. v t

    Interromper definitiva ou temporalmente a actividade de algo.

  7. v t

    Dar por rematado e establecido un trato ou un asunto.

  8. v t

    Rematar un traballo ou realizar a última tarefa del.

  9. v t

    Ser o último nun acto ou ir en último lugar nunha serie de persoas ou cousas.

  10. v t [LING ]

    Facer que se aproximen os órganos articulatorios estreitando o paso do aire cando se emite un son.

  11. v i

    Deixar de exercer unha actividade ou un negocio de maneira temporal ou definitiva.

  12. v i

    Cicatrizar unha ferida.

  13. v i
    1. Unir as hortalizas as súas follas para formar a cabeza.

    2. Xuntar as flores os seus pétalos.

  14. v i

    Completar o dentame o gando.

  15. v i
    1. irar ata colocarse na posición exacta para enfilar o rumbo.

    2. Reducir as distancias tanto angulares como lineais.

  16. v pron

    Quedar as partes de algo xuntas para que non quede espazo entre elas.

  17. v pron

    Cubrirse o ceo con nubes.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

valar

Citas

  • A porta no inverno non cerra ou cerra mal, A tapa do bote non cerra ben
  • A reportaxe da festa xa non entrou porque o periódico xa cerrara
  • A vaca que vendían xa cerrara
  • A ventá cerrouse co aire
  • As campaíñas cerran de noite
  • As leitugas aínda non cerraron
  • As tendas no verán cerran por vacacións
  • Cerraron o acordo pola noite
  • Cerráronse as tesoiras ao caeren ao chan
  • Cerrou a axenda cun broche
  • Cerrou a leira onde sementa as cebolas, A cancela cerra a leira
  • Cerrou a porta coa chave e foise
  • Cerrou a tenda e foise da vila, A bolsa cerrou coas maiores perdas do ano, Cerraron as conferencias do curso
  • Cerrou a ventá para que non entrase o ruído, O vento cerrou a porta, Cando cerrou o caixón pillou os dedos
  • Cerrou cun cinco dobre e gañou a partida
  • Cerrou o acto cunha comida
  • Cerrou o día e non se puido ir ao río
  • Cerrou o libro e foi ver a televisión, Cerrou o paraugas cando parou de chover, O médico mandoulle abrir e cerrar moitas veces a man
  • Cerrou o sobre e meteuno na caixa do correo, Cerra o bote da marmelada ao acabares de comer
  • Cerrou os ollos para non ver, O neno cerrou as pernas para dar un salto, Cerra as tesoiras despois de que as uses
  • Cerroulle a ferida cos medicamentos que lle receitaron
  • De momento non cerra ningunha porta para o seu futuro
  • Non te cerres e arregla as cousas por ben
  • Un aplauso cerrou a homenaxe, Cerraba o campionato o equipo italiano, Os abandeirados cerraban a comitiva
  • Un penedo que caera cerraba a entrada da cova, Un garda cerrou a rúa por obras, Cerra a billa da auga cando che mande

Frases hechas

  • Cerrar a boca. Calar.

  • Cerrar o tempo. Finalizar un prazo.

  • Cerrar a chover. Empezar a chover e non parar.

  • Cerrar o ollo. Morrer.

  • Cerrarse de loito. Vestirse completamente de negro en sinal de dor pola morte de algu

Conjugar
VERBO cerrar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerro
cerras
cerra
cerramos
cerrades
cerran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerraba
cerrabas
cerraba
cerrabamos
cerrabades
cerraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerrei
cerraches
cerrou
cerramos
cerrastes
cerraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerrara
cerraras
cerrara
cerraramos
cerrarades
cerraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerrarei
cerrarás
cerrará
cerraremos
cerraredes
cerrarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerraría
cerrarías
cerraría
cerrariamos
cerrariades
cerrarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerre
cerres
cerre
cerremos
cerredes
cerren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerrase
cerrases
cerrase
cerrasemos
cerrasedes
cerrasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerrar
cerrares
cerrar
cerrarmos
cerrardes
cerraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cerra
-
-
cerrade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerrar
cerrares
cerrar
cerrarmos
cerrardes
cerraren
Xerundio cerrando
Participio cerrado
cerrada
cerrados
cerradas