cereixa

cereixa

lat v cerĕsĭa lat cerăsĭum ‘cerdeira’

Plural: cereixas
  1. s f [BOT ]

    Froito da cerdeira, de forma arredondada e de pel lisa de cor vermella escura, amarela ou negra segundo as variedades de cultivo.

  2. cereixa de raposo [BOT ]

    Froito da hedra.

  3. cereixa do can [BOT ]

    Froito do espiño.

  4. cereixa dos paxaros [BOT ]

    Froito do acivro.

Citas

  • Comprou un xersei vermello cereixa

Refranes

  • As cerdeiras e os ladróns, anque prendan non son bos.
  • Cereixas e malas fadas, cóllense pouquiñas e veñen moitas engarradas.
  • Dende maio a xullo as cereixas son coma puños.
  • En maio xa leva as cereixas o gaio.
  • Se polo san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.
  • Se por san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.
  • Unha cereixa trae consigo unha ducia ben feita.