centralismo

centralismo

central + -ismo

Plural: centralismos
  1. s m [POLÍT ]

    Estrutura política e administrativa en que o poder se exerce exclusivamente desde unha área moi restrinxida, como unha administración ou poder central.

  2. centralismo democrático [POLÍT ]

    Principio que inspira a organización dos movementos políticos e sindicais, que intenta potenciar a cohesión política e ideolóxica e evitar a formación de fraccións ou tendencias internas.