centésimo -ma

centésimo -ma

lat centesĭmu

Masculino: centésimo Masculino plural: centésimos Feminino: centésima Feminino plural: centésimas
  1. num ord

    Que ocupa o lugar número cen nunha serie.

  2. num ord

    Que corresponde a cada unha das cen partes en que se divide un todo. Tm s m.

Citas

  • Na repartición non lle tocou nin a centésima parte da herdanza
  • Onte celebrouse a centésima edición do premio literario patrocinado polo concello
  • Por unha centésima de segundo non logrou a marca mundial