celo
celo
lat zelu gr ζ ῆ λος ‘coidado e dilixencia coa que se fai algo’
-
s
m
-
Coidado que se pon no cumprimento das obrigas.
-
Interese en favor dunha persoa, dunha idea ou dunha causa.
-
-
s
m
-
Excitación sexual periódica que se manifesta, sobre todo, nos vertebrados, principalmente nas femias, e que coincide co período de estro do ciclo ovárico.
-
Época en que están neste estado.
-
-
s
m pl
-
Sentimento receloso do que teme que outra persoa poida ser preferida a un mesmo.
-
Enveza que se ten de que un competidor goce dalgunha cousa que un desexa.
-
Citas
- Defendeu as súas ideas políticas con moito celo
- Este ano á gata duroulle pouco o celo
- Fixo o traballo con moito celo, Sempre pon moito celo cando ten que coidar o meniño
- No agosto tivemos que levar a cabra ao macho porque estaba en celo
- Sempre lle daba celos co seu mellor amigo, Morría de celos porque agora tiña un novo irmán
- Tiña moitos celos do corredor que chegara en primeiro lugar
Refranes
- Amor e celos, irmáns xemelos.
- Onde hai celeira, hai amor, hai dor e hai rabieira.
- Onde hai celos hai amor, onde hai vellos hai dor.