cego -ga

cego -ga

lat caecu

Plural: cegos Masculino: cego Masculino plural: cegos Feminino: cega Feminino plural: cegas
  1. adx

    Que está privado do sentido da vista. Tm s.

  2. adx
    1. Que perdeu a capacidade de entender ou razoar.

    2. Que está arrebatado por unha paixón desmesurada.

    3. Aplícase ao sentimento que trastorna a mente.

  3. adx

    Que non percibe o que é evidente.

  4. adx

    Aplícase ao instrumento de corte que ten o gume derramado.

  5. s m
    1. Divertículo en forma de saco, cerrado nun extremo, que está presente en órganos de diversos animais.

    2. Primeira porción do intestino groso.

Sinónimos

Citas

  • A canle quedou cega por mor da ferruxe
  • A súa cega ambición arruinoulle a vida
  • Cegou a agulla de tanto uso que lle deu
  • Chegou cego de ira e deulle dous disparos ao amigo
  • Deixou cego este coitelo ao cortar con el as patacas
  • Estás cego e non te decatas do que pasa na túa casa
  • Na voda da irmá púxose cego de marisco
  • Sentía unha paixón cega pola súa namorada

Frases hechas

  • 2 loc adv De forma impulsiva ou sen co

  • Alumar os cegos. Estar

  • Facer o cego. Non querer reco

Refranes

  • Algún cego quixérame ver, anque non máis fora por vista ter.
  • Aoque te non vexo, moito ben che desexo.
  • Non hai peor cego có que non quere ver.
  • O cego que nunca viu non sabe ben o que é ver.
  • O que ha cegar, polos ollos ha comezar.
  • O que non ve non sabe o que é nin como é.
  • Pau de cego, pau do demo.
  • Tanto é o que non ve, coma o que non sabe.
  • ¡Adeus e vexámonos! - e eran dous cegos.
  • ¿Que sabe o cego se o pano é branco ou é negro?

Palabras vecinas

cegamento cegar cegarato -ta cego -ga cegoña cegoña cegoñal