cédula
lat schedŭla, dim de scheda ‘folla de papiro’
-
-
s
Documento de estrutura simple en que se recolle ou notifica un aviso, unha orde de comparecencia, un compromiso de pagamento ou datos persoais.
-
cédula persoal
[DER ]
Documento oficial de identidade creado en 1874 en España, en que se expresaban os datos persoais e se obtiña tras o pago dun imposto.
-
cédula real
[HIST ]
Despacho expedido polo rei ou por un consello ou tribunal superior no seu nome, polo que se promulgaba unha lei ou se concedía unha graza ou privilexio.
-
cédula testamentaria
[DER ]
codicilo.
-
cédula xudicial
[DER ]
Comunicación escrita dun tribunal pola que se convoca unha dilixencia ou se sinala un prazo para comparecer nun proceso.
-
s
-
cédula hipotecaria
[ECON ]
Obrigación emitida polo Banco Hipotecario de España ou por calquera outra entidade de crédito autorizada, garantida polos préstamos hipotecarios inscritos a favor da entidade emisora.