cebola
cebola
lat cepŭlla, dim de cēpa ‘cebola’
-
s
f
[PLANTA ]
Planta herbácea, da familia das liliáceas, que presenta un bulbo grande, de forma ovoide, redondo ou deprimido segundo as variedades. Cando se corta o bulbo desprende un aceite volátil sulfurado que provoca a produción de lágrimas por irritación da conxuntiva.
-
s
f
[BOT ]
Bulbo comestible da planta do mesmo nome.
-
cebola azucena/de santo Antonio
[PLANTA ]
Planta medicinal da horta que serve de antídoto contra o veleno e que rebenta tumores.
-
cebola das gaivotas/do mar
[PLANTA ]
Planta herbácea, da familia das liliáceas, que presenta un bulbo de gran tamaño.
-
cebola de Ascalón
[PLANTA ]
Herba perenne, da familia das liliáceas que no exterior presenta unha cuberta vermella.
-
cebola do monte
[BOT ]
Cebola pequena que aínda non chegou ao pleno desenvolvemento.
-
cebola macho
[BOT ]
Cebola cos bulbos moi pequenos.
Sinónimos
Citas
- Trouxen unhas cebolas de xacinto para plantar
Frases hechas
-
Estar de cebola. Estar sen traballo ou sen clientes un negocio.
Refranes
- Dixo a cebola con soma: Pola santa Mariña déixame a porretiña.