caza

caza

cazar

Plural: cazas
  1. s f

    Acción de cazar.

  2. s f

    Animais que se cazaron ou que poden cazarse.

  3. s m [BÉL ]

    Avión militar de gran velocidade e de elevada potencia de fogo, destinado a asegurar o dominio do espazo aéreo contra os avións inimigos.

  4. caza de bruxas

    Persecución contra calquera persoa, sen considerar a súa inocencia ou culpabilidade, dependendo unicamente de acusacións.

Sinónimos

Citas

  • Antano había máis caza nos nosos montes
  • Ten varios libros de caza
  • Vai coa escopeta ao monte, pero despois non come a caza que trae

Frases hechas

  • Axotar a caza. Perder un negocio por actuar de forma precipitada e cunha mala administraci

  • Dar caza. Alcanzar, coller aquilo que se persegue.

  • Esperar a caza. Obrar con prudencia.

Refranes

  • A cazador novo, can vello.
  • A espera caza calquera.
  • Becho que voa, levalo á cazola.
  • Can alcuceiro, nunca bo coenlleiro.
  • Can de boa raza, se hoxe non caza, mañá caza.
  • Can de caza quere ser de raza.
  • Can ladrador, mal cazador.
  • Can que morde non ladra en van.
  • Cazador e troiteiro nin ten boa meda nin bo palleiro.
  • Cazador sen morral caza pouco e caza mal.
  • Fala moito da caza e mércaa na praza.
  • Labrego cazador, coellos na cociña e fame no comedor.
  • Non hai mellor caza cá que se fai con cans vellos.
  • O azor no pau e o falcón na mau.
  • Ó mellor cazador váiselle a lebre.
  • O oficio do gato é matar o rato.
  • O paxaro da devesa, un o axexa e outro o pesca.
  • Quen mata a arbela sabe máis ca ela.
  • Se cazares, non te gabes; e, se non cazares, non te enfades.
  • ¡Malia o cazador tolo que anda atrás dun paxaro para coller outro!