causalidade

causalidade

causal

Plural: causalidades
  1. s f

    Relación que hai entre unha causa e o seu efecto.

  2. s f [FILOS ]

    Influxo da causa no efecto e na relación que resulta.

  3. s f [DER ]

    Relación de causa-efecto que hai entre o acto humano e o resultado dun feito delituoso en que existe unha responsabilidade.

  4. principio de causalidade [FÍS ]

    Principio segundo o que o coñecemento das condicións iniciais dun sistema físico nun momento t 0 e da dinámica que o controla determinan completamente os valores das variables dinámicas en todo tempo t posterior a t 0 .

Palabras vecinas

caurí causa causal causalidade causalxia causante causar