caudal

caudal

lat capitāle ‘capital’

Plural: caudais
  1. s m

    Cantidade de auga dunha corrente.

  2. s m [FÍS ]

    Magnitude que expresa a cantidade de fluído que, por unidade de tempo, atravesa unha sección do conduto polo que circula.

  3. caudal cardíaco [FISIOL ]

    olume de sangue impulsado por un ventrículo durante un minuto.

  4. caudal sólido [XEOL ]

    Cantidade de materiais sólidos que atravesan a sección dun curso de auga durante unha unidade de tempo.

  5. caudal urinario [FISIOL ]

    olume de ouriños excretados nun tempo determinado.

Citas

  • O caudal do regato triplicouse desde o mes pasado debido ás intensas chuvias que houbo