cátedra

cátedra

lat cathĕdra ‘cadeira’ gr κα ϴ έδρα ‘asento’

Plural: cátedras
  1. s f

    Asento colocado nunha plataforma ou púlpito, desde onde os profesores lían ou explicaban maxistralmente unha ciencia ou unha arte aos seus alumnos.

  2. s f

    Cargo que exerce un catedrático.

  3. s f

    Disciplina que é obxecto de estudo e investigación na universidade, recoñecida oficialmente e dirixida por un catedrático.

  4. s f [RELIX ]

    Asento con espaldeira ou dosel, ocupado polo bispo no presbiterio. É o símbolo do maxisterio oficial da Igrexa.

  5. s f [RELIX ]

    Cargo ou dignidade pontificia ou episcopal.

  6. cátedra de san Pedro [RELIX ]

    Monumento de bronce, situado na igrexa de San Pedro, onde se presupón que sentou este apóstolo.

Citas

  • A cátedra de medicina deu a coñecer as novas investigacións sobre a enfermidade
  • Desempeña a cátedra dende hai moitos anos