catártico -ca

catártico -ca

gr κα ϴ αρτικός

Plural: catárticos Masculino: catártico Masculino plural: catárticos Feminino: catártica Feminino plural: catárticas
  1. adx

    Relativo ou pertencente á catarse.

  2. adx [MED ]

    Que limpa o intestino provocando a súa evacuación. Tm s m.

  3. método catártico [PSIC ]

    Método ideado por Breuer e Freud para a investigación e o tratamento dos síntomas histéricos, que busca a lembranza e a reviviscencia das situacións traumáticas reprimidas e arredadas da consciencia, aínda que activas no desencadeamento dos síntomas.

Sinónimos

Palabras vecinas

catarro catarroso -sa catarse catártico -ca catártido -da catasol catástase