casquete

casquete

casco

Plural: casquetes
  1. s m

    Peza da armadura que cobre o cranio.

  2. s m

    Peza para a cabeza redonda e sen abas nin viseira.

  3. s m

    Cabeleira postiza que cobre unha parte da cabeza.

  4. s m

    Parte máis ou menos esférica situada no extremo dalgunha cousa.

  5. s m

    Cartucho de metal baleiro.

  6. s m [ARQUEOL ]

    Porción de esfera limitada por un plano menor ca a semiesfera e que se adoita aplicar ás estruturas dos túmulos megalíticos.

  7. casquete esférico [MAT ]

    Cada unha das dúas partes en que un plano divide unha superficie esférica.

    1. casquete glacial

      Acumulación de xeo de grandes dimensións, principalmente nas rexións polares e nos cumios máis elevados.

    2. casquete polar

      Gran masa de xeo continua que cobre as rexións situadas nas latitudes polares.

Sinónimos

Citas

  • Levaba un casquete de plumas a xogo co traxe