casco

casco

cascar

Plural: cascos
  1. s m
    1. Peza que cobre e defende a cabeza, que se emprega nalgúns deportes e profesións de risco.

    2. Peza da armadura antiga ou medieval que cubría a cabeza.

  2. s m [ZOOL ]

    Pezuño de cabalo.

  3. s m [MAR ]

    Corpo dunha embarcación, sen máquinas nin superestruturas.

  4. s m

    Botella ou outro envase baleiro que se destina para conter líquidos.

  5. s m

    Parella de auriculares unidos por unha banda elástica.

  6. s m

    Cavidade ósea da cabeza dos vertebrados que contén o encéfalo.

  7. s m [BOT ]

    Cada unha das capas grosas de orixe foliosa, que forman os bulbos tunicados como a cebola.

  8. s m [BOT ]

    Pezas florais que lembran, pola súa forma, un casco.

  9. s m [ZOOL ]

    Estrutura voluminosa que presentan certos animais na cabeza.

  10. casco visualizador [INFORM ]

    Aparato empregado en contornos de realidade virtual, que se destina a recibir as imaxes en movemento coas que se vive a ilusión de estar nun escenario distinto ao real.

  11. cascos azuis [BÉL ]

    Tropas da ONU, integradas por militares dos exércitos dos seus países membros, que actúan como observadores de conflitos armados e como forzas para o mantemento da paz. Foron galardoados cos premios Nobel da Paz (1988) e Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional (1993).

Sinónimos

Citas

  • Non se pode falar con el porque está mal dos cascos
  • O tendeiro devolveulle os cascos de cervexa ao repartidor, Hoxe o bodegueiro librou os cascos do viño

Frases hechas

  • Alegre de cascos. Apl

  • Ter os cascos baleiros. Ser pouco xuizoso.

  • Duro de cascos. Apl

  • Meterse algunha cousa nos cascos. Empe