casca

casca

cascar

Plural: cascas
  1. s f
    1. Cuberta dura, principalmente protectora, dalgúns seres vivos.

    2. Cuberta vexetal máis ou menos ríxida que poden presentar as árbores, as sementes, os froitos ou os fungos.

    3. Cuberta animal externa, dura e ríxida, polo xeral de natureza calcaria, como a dos crustáceos e moluscos, ou a dos ovos de moitas especies.

  2. s f

    Cortiza dalgunhas árbores, como a do piñeiro ou a de carballo, que se utilizan para tinguir ou curtir.

  3. casca absidal [ARQUIT ]

    Ábsida dunha igrexa.

  4. casca maimiña
    1. Membrana que recobre a clara do ovo.

    2. Pel das castañas.

Citas

  • Foi ao monte recoller as cascas dos piñeiros, Sacoulles as cascas ás abelás para botarllas á torta, Tirou a casca do plátano no lixo
  • Rompeu a casca do boi para comelo, Non foi capaz de romper a casca do ovo da avestruz