cartucho

cartucho

ital cartoccio lat charta ‘carta’

Plural: cartuchos
  1. s m
    1. Bolsa feita de papel, xeralmente de forma cilíndrica, que serve para conter doces, froitas ou outros alimentos semellantes.

    2. Moedas dunha mesma clase ou cantidade envoltas cun anaco de papel.

    1. cartucho filtrante [QUÍM ]

      Envoltura cilíndrica pechada por unha base feita de celulosa purificada que se emprega en traballos de laboratorio.

    2. s

      Envoltura cilíndrica de cartón, metal, plástico ou outro material que contén unha cantidade determinada de substancia explosiva.

    3. s

      Conxunto inseparable de vaíña e bala empregado nas armas lixeiras e automáticas.

    4. s

      Recipiente cilíndrico que contén tinta e que se emprega como recambio nalgunhas plumas estilográficas.

    5. s [IMAX ]

      Envase compacto e opaco que aloxa unha cinta electromagnética capaz de gravar e reproducir textos, imaxes e sons.

    6. s [TECNOL ]

      Recipiente que se emprega para o transporte pneumático de pequenos materiais.

    7. s [TECNOL ]

      Elemento recambiable dun curtocircuíto de fusible que consiste nunha cuberta illadora que ten no seu interior o fío ou elemento fusible.

  2. s m [HIST/ARTE ]

    Disco circular ou oval que envolvía o nome do faraón exipcio cunha escritura xeroglífica.

Citas

  • Comeu un cartucho de castañas
  • Comprei un cartucho de tinta negra para a pluma que me regalaches
  • Foi ao banco buscar un cartucho de pesos