carrete

carrete

carro

Plural: carretes
  1. s m
    1. Cilindro de calquera material cun disco en cada extremo no que se enrola un fío, un cable, unha corda ou outro material flexible.

    2. Conxunto formado polo cilindro, fío, cable, película, fita ou outro material envolvido nel.

    3. [IMAX ]

      Rolo de película fotográfica que vai introducido nun pequeno estoxo cilíndrico para que non lle afecte a luz exterior, provisto dun eixe que permite que a película do interior vaia desenrolándose.

  2. s m [PESCA ]

    Instrumento, colocado na cana de pescar, provisto dun mecanismo que consiste nunha manivela coa que se fai xirar a bobina na que está debandada a sedela.

Confrontaciones

bobina

Citas

  • Caeu un carrete dos postes de cables eléctricos que hai no monte
  • Por revelar un carrete de fotos regálanche outro novo
  • Tráeme da mercería dous carretes de fío branco