carraca

carraca

voz onomatopeica

Plural: carracas
  1. s f

    Aparato de madeira que consiste nunha roda dentada que bate cunha ou varias láminas e que produce un ruído moi característico.

  2. s f

    Roda dentada de determinados mecanismos e ferramentas que unicamente permite que esta xire sempre na mesma dirección.

  3. s f

    Peza de ferro do muíño situada sobre o pau do rodicio.

Citas

  • A carraca do desaparafusador non funciona ben
  • Regaleille unha carraca de madeira ao meu sobriño