carpinteiro -ra
carpinteiro -ra
lat carpentarĭu ‘fabricante de carros’
-
s
Persoa que ten como oficio o traballo da madeira.
-
verme carpinteiro
[ANIMAL/ENTOM ]
Larva de certos coleópteros e himenópteros da familia dos sirícidos, que se alimenta de madeira.
Refranes
- A boa madeira quere o bo oficial.
- Na casa do ferreiro, coitelo de pau; e na do carpinteiro, sentarse no chau.