carpetano -na
carpetano -na
topónimo antigo Carpetania
-
adx
Relativo ou pertencente aos carpetanos.
-
s
[ETN/HIST ]
Individuo do pobo prerromano carpetano.
-
s
m pl
[ETN/HIST ]
Pobo prerromano peninsular que pertence á cultura celtibera, ocupou desde a serra de Guadarrama e a conca alta do Henares-Jarama ata a rexión pantanosa do Guadiana, e practicou unha economía mixta agrícola-gandeira. Estendeuse por parte do Tajo, ata chegar a Talavera de la Reina.