cargado -da

cargado -da

cargar

Plural: cargados Masculino: cargado Masculino plural: cargados Feminino: cargada Feminino plural: cargadas
  1. p reg

    cargar.

  2. adx

    Que ten carga.

  3. adx

    Aplícase ao ceo cando está moi nubrado.

  4. adx

    Aplícase ao ambiente que presenta falta de ventilación.

  5. adx  

    Que padece un forte constipado.

  6. adx  

    Que está ebrio.

Citas

  • A sentinela tiña o fusil cargado, Vímolo pasar coa carreta ben cargada
  • Chegou cargado da taberna e tivo que deitarse
  • Erguinme hoxe moi cargada
  • Este café está moi pouco cargado
  • Onte veu un día moi cargado e hoxe xa está a chover
  • Pola mañá o ceo estaba cargado, pero agora púxose moi bo día
  • Vou saír un pouco para fóra, que aquí o aire está moi cargado