carda

carda

cardar

Plural: cardas
  1. s f

    Acción e efecto de cardar.

  2. s f

    Cepillo formado por unha táboa onde van cravadas unha serie de puntas ou púas de arame, que se emprega para desenlear o liño, despois de espadelado, e a la, tras limpala e lavala.

  3. s f [TECNOL ]

    Máquina que se emprega na industria téxtil para limpar algodón e outras fibras.

Sinónimos

Citas

  • A carda do liño é un traballo moi custoso, Fixeron a carda da leira un mes antes da sementeira das patacas, O teu fillo recibiu unha boa carda porque sempre anda facendo das súas