carcasa

carcasa

fr carcasse ‘armazón’

Plural: carcasas
  1. s f

    Esqueleto dun animal.

  2. s f

    Estrutura interna dalgunha cousa, especialmente a que está formada por un conxunto de pezas que sosteñen a caixa ou a cuberta exterior dunha maquinaria.

  3. s f

    Casco vello e desfeito dun navío ou doutra máquina calquera.

Sinónimos

Confrontaciones

osamenta

Citas

  • O cociñeiro preparou unha sopa coa carcasa dunha galiña
  • Rompeu a carcasa do ordenador e víase como era por dentro