carballo

carballo

raíz prerromana *carb-

Plural: carballos
    1. s

      Árbore ou arbusto pertencente ás especies caducifolias e marcescentes do xénero Quercus, da familia das fagáceas.

    2. carballo albar [Quercus petraea]

      Árbore de casca parda e follas de base cuneiforme.

    3. carballo americano [Quercus rubra]

      Árbore de casca lisa e clara e follas de lóbulos aguzados.

    4. carballo anano [Quercus lusitanica]

      Arbusto rastreiro e estolonífero de cortiza cinsenta abrancazada.

    5. carballo cerquiño/negro [Quercus pyrenaica]

      Árbore de casca gris parda, con follas co envés piloso e de cor branca.

    6. carballo común [Quercus robur]

      Árbore de casca verde e lisa en exemplares novos e parda e rachada na madurez, que presenta follas con base auriculada.

    7. carballo pubescente [Quercus humilis]

      Carballo de cor verde clara, con lóbulos fondos.

  1. s m

    Madeira desta árbore.

Sinónimos

Citas

  • No cuarto dos meus pais hai un fermoso armario de carballo
  • O viño de crianza de La Rioja ten aroma a carballo

Frases hechas

  • Forte como un carballo. Moi forte.

Refranes

  • Un soilo golpe non derruba un carballo.