caracol

caracol

lat cochlĕola, dim de cochlĕa ‘cuncha’

Plural: caracois
  1. s m
    1. [ANIMAL ]

      Molusco gasterópodo terrestre e pulmonado que presenta unha cuncha protectora e univalva en espiral e a cabeza diferenciada, con dous pares de tentáculos. Posúen unha dieta fundamentalmente herbívora e son hermafroditas.

    2. Cuncha dun caracol.

  2. s m [ANAT ]

    Conduto do oído interno situado na espesura do óso temporal e enroscado en forma de espiral.

  3. s m [TECNOL ]

    Peza cónica da maquinaria dun reloxo.

  4. s m

    Cada unha das voltas que o xinete lle fai dar ao cabalo.

  5. caracol de Pascal [MAT ]

    Curva plana, pechada e simétrica respecto ao eixe X que ten como ecuación, en coordenadas polares, r = 2a cos ϑ + K.

Sinónimos

Refranes

  • Con bo sol abre os comas o caracol.
  • O caracol baleiro fai máis ruído que cheo.
  • O caracol tivo anteollos e por uns cornos perdeu os ollas.