capeto -ta

capeto -ta
Plural: capetos Masculino: capeto Masculino plural: capetos Feminino: capeta Feminino plural: capetas
  1. adx

    Relativo ou pertencente á dinastía dos Capetos.

  2. s

    Individuo pertencente á liñaxe dos Capetos.

  3. s m pl

    Descendencia agnada do rei de Francia Hugo I, o Capeto. A orixe da dinastía atópase no saxón Vitinka, pai de Roberto o Forte, fundador do ducado de Francia. Os seus fillos Eudes (888-898) e Roberto I (922-923) foron reis de Francia. Hugo o Grande (?-956) non foi rei aínda que gobernou como tal. O seu fillo Hugo I sucedeu ao derradeiro rei carolinxio Luís V como monarca francés.