canto

canto

cantar

Plural: cantos
    1. s

      Acción e efecto de cantar.

    2. s

      Actividade ou arte de cantar.

    3. canto plano

      Canto monofónico da liturxia cristiá, orixinalmente sen acompañamento.

    4. canto silábico

      Canto no que cada nota musical corresponde a unha sílaba.

  1. s m [MÚS/LIT ]

    Composición poética en ton solemne destinada a ser cantada en honra de algo ou de alguén.

    1. s

      Nome que recibe cada unha das divisións dun poema longo de carácter épico ou narrativo, comparable ao capítulo na novela.

    2. canto real

      Poema francés, consistente nunha sátira encuberta baixo a forma dunha alegoría, que tivo o seu máximo esplendor entre os ss XIV e XV.

  2. canto de cisne
    1. Rechouchío harmonioso que, segundo a tradición, adoita entoar o cisne no momento da morte.

    2. Derradeira obra ou actuación producida pouco antes da morte do seu autor.

  3. canto de serea
    1. [MIT ]

      Canto que emitían as sereas para atraer aos mariñeiros.

    2. Palabras falsas e aduladoras coas que se pretende acadar os favores de alguén.

Citas

  • Aquela corrida foi o seu canto de cisne, xa que con ela puxo fin á súa profesión de toureiro
  • É profesor de canto no conservatorio

Refranes

  • Ben canta o catalán, se lle dan.
  • Cada un canta como ten a gracia.
  • Canta que has de ir á santa.
  • Cantar mal e recuncar non é de aprobar.
  • Cantar pensei e por cantar chorei.
  • O cantar quere vir de gracia e o bailar quérese aprender.
  • O que non sirva para galo, que non cante.
  • Os seus males espanta o que canta.
  • Quen mal canta, ben lle acae.
  • Se ben canta o abade, non o fai mal o monaguillo.