cantidade
lat quantĭtās -ātis
-
s
f
-
Medida ou número de unidades polo que se determina un conxunto de cousas da mesma clase.
-
[FILOS ]
Propiedade das cousas que fai que sexan medibles.
-
-
s
f
Suma de diñeiro máis ou menos importante.
-
s
f
[LING ]
Duración dun son consonántico ou vocálico, dun ditongo ou dunha sílaba.
-
s
f
[FILOS ]
Extensión, en lóxica, dos termos dunha proposición e da proposición en si mesma.
-
s
f
[MAT ]
Calquera expresión aritmética, alxébrica ou analítica á que se lle atribúe un valor.
-
-
cantidade de calor
Enerxía térmica que absorbe ou cede un corpo ao elevarse ou diminuír, respectivamente, a súa temperatura.
-
cantidade de materia
Magnitude física proporcional ao número de entidades elementais que forman a materia do sistema considerado. A unidade SI de cantidade de materia é o mol.
-
cantidade de movemento
ector p definido por p =m v , onde v é a velocidade dun punto material e m a masa dese punto. OBS: Tamén se denomina momento lineal do punto.
-
cantidade de calor
Citas
- Había cantidade de xente na romaría
- Se prefire pagar a prazos, ten que pagar unha pequena cantidade mensual
- Temos que calcular a cantidade de semente que precisamos para botar a veiga enteira, Pediulle unha cantidade de libros superior á que vendeu
Refranes
- Bens, os que vexas; e casa, na que caibas.
- Casa onde caibas, diñeiro sen conto, terras que non saibas.
- Casas, cantas vivas; terras cantas che dían.
- Do moito, pouco; e do pouco, nada.
- Do pouco vaise facendo o moito, pouco a pouco.
- Do pouco, pouco; e do moito, nada.
- Galgo que moitas lebres levanta, algunha mata.
- Máis caga un boi que cen andoriñas.
- Máis come un boi que cen andoriñas.
- Máis vale pouco e bo, que moito e malo.
- Máis vale unha de varón ca un cento de gorrión.
- Máis valen poucos moitos que moitos poucos.
- Mentres máis somos máis valemos.
- Non hai pouco que non baste nin moito que non se gaste.
- Non haí pouco que non chegue nin moito que non se acabe.
- Nosos país a pulgadas e nós a brazadas.
- O pouco agrada e o moito enfada.
- O pouco nunca deu moito.
- Pan, con fartura; e viño, con mesura.
- Papas, ata a porta; coles, ata a horta; e fabas, para todo o ano.
- Por unha presa de fariña, que as papas non queden moles.
- Quen ten pouco, con media cazola ten de abondo.
- Tanto é o máis coma o menos.
- Tanto ten o máis como ten o menos.
- Tódolos anos choveu o mesmo, canado máis, canado menos.
- Tres poucos que valen máis que moitos moitos: pouco sol, pouca cea e pouca pena.
- Un so demo non fai inferno.