cangallo

cangallo

canga

Plural: cangallos
  1. s m

    Cada unha das ramificacións dun acio.

  2. s m

    Parte leñosa que queda do acio unha vez quitadas ou espremidas as uvas.

  3. s m

    Persoa alta e de pernas longas que se move con torpeza e lentitude.

Sinónimos

Citas

  • As uvas tintas que temos teñen máis cangallos cás brancas
  • Ela quere ser modelo pero é un cangallo e ninguén a contrata, O fillo é cuspidiño a seu pai, ten os mesmos cangallos
  • Nesta colleita os bocois están cheos de cangallos e habemos ter moita augardente e pouco viño