cananeo -a

cananeo -a
Plural: cananeos Masculino: cananeo Masculino plural: cananeos Feminino: cananea Feminino plural: cananeas
  1. adx

    Relativo ou pertencente a Canaán ou aos seus habitantes.

  2. s [ETN ]

    Natural ou habitante de Canaán.

  3. s [HIST ]

    Poboación autóctona de Palestina, anterior á invasión dun grupo de pobos semitas nómades no III milenio a C, que habitaba en núcleos urbanos e baseaba a súa economía na agricultura e no comercio.

    1. s

      Grupo de linguas semíticas occidentais que comprende o cananeo antigo, o moabita, o fenicio e o hebreo.

    2. cananeo antigo

      Lingua falada polos cananeos antes da conquista de Canaán polos hebreos.

Palabras vecinas

canallada cáñamo canana cananeo -a canapé cañar canard*