campaña

campaña
Plural: campañas
  1. s f
    1. Operación militar que se realiza en campo aberto.

    2. Conxunto de operacións estratéxicas, recollidas nun plano organizado previamente, para levar a cabo algún obxectivo concreto.

    3. Período no que as tropas residen ou operan en zonas de guerra.

    1. s

      Serie de actuacións para conseguir un determinado fin.

    2. campaña publicitaria

      Conxunto de accións realizadas por un anunciante dun produto para conseguir un maior número de ventas.

  2. s f

    Período no que se realizan unha serie de actividades cunha finalidade concreta.

  3. s f
    1. Tempo que duran as operacións realizadas por un buque cumprindo algunha misión.

    2. Duración dos servizos que presta un mariñeiro nun buque de guerra.

    3. Temporada de pesca dunha especie.